Impresión Dixital
A impresión dixital consiste en imprimir directamente en papel desde un archivo informático e non mediante o uso de pranchas metálicas. É o sistema máis habitual para pequena tirada.
A maior vantaxe deste tipo de impresión é que require menos procesos e tempo de secado, o que permite unha disponibilidade casi inmediata dos impresos. Este proceso é ideal para proxectos de baixo volume e que requiren tempos de entrega cortos. Diferenciaremos entre dous tipos:
- Inxección de tinta (cartuchos): É a habitual na impresión doméstica e de pequena tirada debido ó seu baixo coste.
- Impresora láser (tóner): É a máis común en documentos de oficina. Este tipo de impresión permite unha velocidade superior á de inxección.

- Carteis
- Panfletos
- Tarxetas
- Papelería
- Etiquetas
- ¡E moito máis!