Máis de 100 anos de tradición


Antigua fachada imprenta Roel

Somos unha empresa galega especializada nas artes gráficas que, con máis dun siglo, forma parte dunha tradición de impresión coruñesa. A primeira etapa desta tradición comezou con Litografía e Imprenta ROEL, fundada no 1872.

Ata 1890, ano no que apareceu a litografía, empleábase a impresión rotativa continua. A impresora rotativa empleaba papel en bobinas, o cal curvábase sobre un cilindro para xerar a impresión. Posteriormente, a propia máquina encargábase de cortar as follas unha vez impreso.

Gracias ó avance da tecnoloxía de impresión, surxiu a litografía. O método de impresión consistía en debuxar a imaxen de forma invertida e con pintura grasa que rechazaba o auga. Ó humedecela pedra, ésta absorbía o auga na parte non debuxada, permitindo que a tinta se depositase só na parte debuxada. Ó apoiar o papel e presionalo cun rodillo, obtíase o impreso.

No 1904, e de forma accidental, descúbrese a litografía offset. Este tipo de impresión foi tan revolucionario que, hoxe en día, síguese empregando nas imprentas. En lugar de apoiar a prancha de impresión directamente sobre o papel, apóiase sobre unha prancha de caucho e ésta, á súa vez, sobre o papel. A razón desta mellora é debida a que a prancha de caucho, ó ser elástica e branda, adáptase mellor ó papel e transmite a tinta dunha forma máis homoxénea.

A segunda etapa da nosa tradición comezou en 1971, cando a imprenta pasou a chamarse Gráficas Roel. A técnica de impresión que se empregaba principalmente era a litografía en offset que, como se indicou con anterioridad, é empreada hoxe en día.

A terceira etapa, e actual, comezou en 1986 co nacimiento de Galaica de Artes Gráficas. O avance tecnolóxico permítenos empregar diversas técnicas de impresión, sendo a impresión en offset a color e a impresión dixital as nosas especializacións.

Ó largo de máis dun século, cambiaron moitos aspectos. Dende técnicas de impresión ata medidas de tratamiento para o medio ambiente, pero un aspecto que sempre se ha mantido constante, é o excelente trato ós nosos clientes. Seguimos aumentando os nosos servicios para dar resposta a todas as necesidades dos nosos clientes, ofrecendo sempre traballos de alta calidade e a precios competitivos.

Litografía imprenta Roel